Ruta moi levadeira aínda que con uns seis últimos kilometros de subida que, despois de levar trinta nas pernas, fanse duras.
BIKEERO
martes, 19 de julio de 2011
As últimas rutas.
Deixei de lado ultimamente o blog, falta de tempo,vou facer un resumo das últimas rutas.
Ruta do mexilón Vilagarcía. Botabase de menos unha ruta de pistas anchas coma esta. Vistas preciosas e duras subidas.
Ruta do mexilón Vilagarcía. Botabase de menos unha ruta de pistas anchas coma esta. Vistas preciosas e duras subidas.
martes, 3 de mayo de 2011
4º Trilhos do alvarinho BTT Melgaço.
Bueno, xa feita a ruta, aqui vos deixo o percorrido do trilho do alvaarinho. Marcha dura donde as haxa, rompepernas con subidas imposibles, auga, barro... de todo.
martes, 26 de abril de 2011
4º Trilhos do alvarinho BTT Melgaço.
O día 1 de maio os nosos veciños organizan a 4ª marcha BTT trilhos do alvarinho. Hai dous percorridos un de 25 Km e outro de 50 Km. Eu, como vou de machote, anoteime o de 50 Km, veremos si o remato xa que teñen fama de facer marchas duras. Aproveitando que é o día da nai seguro que me hei de lembrar moito da miña, e da de algún da organización, cando estéa nas costas mais duras, sin ningunha mala intención por suposto.
Deixo a ligazón http://www.draftzone.pt/trilhos2011/index.html
Mandáronme por "Emilio" o perfil da marcha.¡Miña nai querida!
sábado, 23 de abril de 2011
II Marcha BTT Os Esfola Arros (Brión)
Marcha dura , polo menos para min, pero ao mesmo tempo bonita, moi bonita. A organización perfecta e os avituallamentos unha marabilla, moitos, catro en total, e había de todo, sobre todo no do monte Rubial. Déixovos o track da marcha.
Tres valientes de Budiño foron o concello de Brión
alí tiñan que dar morte a un terrible dragón.
Os aldeans puxeronlle por nome Rubial
era forte e temible, estaba feito un animal.
Os valentes cabaleiros saíron cedo da fortaleza
querían entrarlle por diante e darlle na cabeza.
Polo camiño atoparon unha princesa fermosa
daba ánimo e coraxe de maneira xenerosa.
Caeron uns cantos valentes
cando o Rubial enseñou os dentes.
Cando chegei a cima xa me tiñan esquecido
e o dragon xa estaba mais que fenecido.
Baixamoslle o animal polo lombo
aí mais de un apañou un bo tombo.
O mellor foi descender pola cola
chegar, e facerme a ola.
jueves, 31 de marzo de 2011
II ROMARIA CABALAR EN SANTA MARIA DE TEBRA
Dos eventos hípicos os que asistín, salto (campionato do mundo no IFEVI), curros ou rapas, carreiras... as romarías ou as xuntanzas son onde mellor o pasei. Adoita haber unha ruta, sobre todo nas xuntanzas, e diferentes e divertidas probas. Déixovos o cartel da romaría de Santa María de Tebra.
miércoles, 30 de marzo de 2011
X MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO
Creo que sobran comentarios, todos coñecemos esta marcha, so decir que vale a pena ir. Aínda que xa sexa algo tarde vou por o cartel.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)