jueves, 31 de marzo de 2011

II ROMARIA CABALAR EN SANTA MARIA DE TEBRA

Dos eventos hípicos os que asistín, salto (campionato do mundo no IFEVI), curros ou rapas, carreiras... as romarías ou as xuntanzas son onde mellor o pasei. Adoita haber unha ruta, sobre todo nas xuntanzas, e diferentes e divertidas probas. Déixovos o cartel da romaría de Santa María de Tebra.


miércoles, 30 de marzo de 2011

X MARCHA BTT FARO DE BUDIÑO

Creo que sobran comentarios, todos coñecemos esta marcha, so decir que vale a pena ir. Aínda que xa sexa algo tarde vou por o cartel.

martes, 29 de marzo de 2011

Así comezou

PRESENTACIÓN

    Ola a todos. Dubidei moito sobre como empezar este blog, mais ben a miña maior dúbida era si empezalo ou non, ao final decidin facer esta presentación a modo de proba. Son novato no tema así que espero teñades paciencia, se e que alguén o chega a ver. Non son un bo narrador nin son hábil coas palabras, de aí as miñas dúbidas sobre se empezar o blog, pero aínda así decidín crealo a modo de diario e zona de comentarios das miñas afeccións.

    O blog nun principio será un pouco cutre pero intentarei melloralo co tempo segundo vaia aprendendo. O nome do blog e un xogo de palabras coas miñas dúas afeccións favoritas, a bici e a hípica. Bike completado con ero soa como a vaquero. Si, xa o sei, un alarde de orixinalidade. En fin que espero disfrutar disto.  

  Déixovos unha foto de unha das miñas afeccións. Esta e a Troti, ou Ariel como lle chama a miña filla, e a sua cría.