martes, 29 de marzo de 2011

Así comezou

PRESENTACIÓN

    Ola a todos. Dubidei moito sobre como empezar este blog, mais ben a miña maior dúbida era si empezalo ou non, ao final decidin facer esta presentación a modo de proba. Son novato no tema así que espero teñades paciencia, se e que alguén o chega a ver. Non son un bo narrador nin son hábil coas palabras, de aí as miñas dúbidas sobre se empezar o blog, pero aínda así decidín crealo a modo de diario e zona de comentarios das miñas afeccións.

    O blog nun principio será un pouco cutre pero intentarei melloralo co tempo segundo vaia aprendendo. O nome do blog e un xogo de palabras coas miñas dúas afeccións favoritas, a bici e a hípica. Bike completado con ero soa como a vaquero. Si, xa o sei, un alarde de orixinalidade. En fin que espero disfrutar disto.  

  Déixovos unha foto de unha das miñas afeccións. Esta e a Troti, ou Ariel como lle chama a miña filla, e a sua cría.


No hay comentarios:

Publicar un comentario