sábado, 23 de abril de 2011

II Marcha BTT Os Esfola Arros (Brión)

Marcha dura , polo menos para min, pero ao mesmo tempo bonita, moi bonita. A organización perfecta e os avituallamentos unha marabilla, moitos, catro en total, e había de todo, sobre todo no do monte Rubial. Déixovos o track da marcha.




Tres valientes de Budiño foron o concello de Brión 
alí tiñan que dar morte a un terrible dragón. 
Os aldeans puxeronlle por nome Rubial 
era forte e temible, estaba feito un animal. 

Os valentes cabaleiros saíron cedo da fortaleza 
querían entrarlle por diante e darlle na cabeza. 
Polo camiño atoparon unha princesa fermosa 
daba ánimo e coraxe de maneira xenerosa. 

Caeron uns cantos valentes 
cando o Rubial enseñou os dentes. 
Cando chegei a cima xa me tiñan esquecido 
e o dragon xa estaba mais que fenecido. 

Baixamoslle o animal polo lombo 
aí mais de un apañou un bo tombo. 
O mellor foi descender pola cola 
chegar, e facerme a ola.







2 comentarios: